Universidade de Santiago de Compostela

A USC participa na Semana do Libro de Compostela

| Compartir |
A través do seu Servizo de Publicacións presentará un total de 40 títulos

Foto del standA través do Servizo de Publicacións, a USC participa na Semana do Libro de Compostela 2018 (SELIC), cuxa inauguración se celebrará este venres 1 de xuño ás 17.30 horas na carpa instalada na praza da Quintana. A editora universitaria exhibe nesta nova edición do evento un total de 40 títulos, a maior partes deles novidades, dispoñibles para a súa venda e representativos das súas diversas liñas editoriais.

A SELIC reúne, nun deseño expositivo aberto e diferente ao das tradicionais feiras do libro, vinte e cinco expositores entre editoras, tanto privadas como institucionais, e librarías que representan unha significativa mostra do sector do libro da cidade. Nesta Semana, iniciado en 2017 con vocación de permanencia e futuro, ademais da exposición e venda das novidades das empresas e institucións participantes, desenvolverase ata o día 10 un programa de actos, sinaturas, presentacións, mesas redondas ou conversas con autores. 

Esta é unha iniciativa que organiza a Concellaría de Acción Cultural do Concello compostelá e que se desenvolverá ata o próximo 10 de xuño.