Universidade de Santiago de Compostela

Noticias

| Compartir |

“As editoriais son os buques insignia das universidades”

JUAN BLANCO VALDÉS, DIRECTOR DO SERVIZO DE PUBLICACIÓNS E INTERCAMBIO CIENTÍFCO DA USC

02/07/2018

Juan Blanco /El Correo GallegoSeis premios de renome nos cinco últimos anos son a mellor testemuña, a mellor cata que pode facerse da profesionalidade do Servizo de Publicacións e Intercambio Científco que, no seo da universidade compostelá, dirixe o estradense Juan Luis Blanco Valdés dende o ano 2009. Namorado do seu traballo, Blanco Valdés, licenciado en Filoloxía Hispánica e Filoloxía Gallego-Portuguesa pola Universidade de Santiago, relata ó cronista as tres obrigas das editoriais académicas: “transferir coñecemento e cultura xeral, divulgar a investigación básica que se fai na Universidade de Santiago e elaborar manuais e outros elementos didácticos para uso interno”. Home meticuloso e esixente, detense no detalle, no matiz, na precisión, máis alá do que permite a páxina, obrigada a condensar apenas o esqueleto dun traballo feito co rigor dun amanuense medieval. O resultado, por exemplo, a coleccion Clásicos do Pensamento Universal, “desde o punto de vista da edición en galego e da edición de Galicia é un fto importante. Ninguén está facendo agora mesmo nada parecido. Seguir leyendo la entrevista completa en elcorreogallego.es