actividades

O selo USC Editora adapta con éxito a súa certificación de calidade ISO 9001 á nova versión da norma

| Compartir |
O Servizo de Publicacións, responsable deste selo editorial, é o primeiro servizo en realizar a adaptación

O Selo USC Editora, certificado por IQNet e AENOR dende 2014 coa norma ISO 9001:2008 de sistemas de xestión de calidade,  acaba de adaptarse con éxito á nova versión da norma (ISO 9001:2015). O Servizo de Publicacións, responsable do Selo, convértese no primeiro servizo universitario que consegue a adaptación aos novos estándares cuxa validez estenderase ata o ano 2020.

Renovada en 2017, para a adaptación o Servizo de Publicacións revisou múltiples procesos, documentación, políticas de xestión, obxectivos e indicadores do seu sistema de funcionamento para axustalos ás novas características da norma. Como explica o responsable do Servizo, Juan Blanco Valdés, as novidades do proceso certificador refírense a unha maior esixencia e rigor na segmentación e identificación das partes interesadas na avaliación e prevención de riscos e na análise DAFO da organización. 

O propio Juan Blanco valora “moi positivamente” a adaptación e inscríbea “nunha dinámica impulsada nos últimos anos dende a edición universitaria, de cara a convencer a todos os actores implicados na mesma, e moi especialmente ás axencias de avaliación e acreditación, de que as universidades publican consonte esixencias de calidade tan rigorosas como transparentes”. 

Malia que a norma ISO 9001:2015 certifica só o selo USC Editora e non o Servizo no seu conxunto, “é certo que a auditoría de organización incorpora a práctica totalidade dos procesos que conflúen nun sistema editorial de calidade certificada”. 



USC Editora

USC Editora é un selo comercial da USC rexistrado como marca e creado en 2009. Dá cabida a unha serie de publicacións financiadas total ou parcialmente polo servizo de publicacións universitarios e sometidas a un sistema propio de avaliación por pares externos á USC. O selo conta ademais cun elenco estable de editores internos que someten os orixinais a unha avaliación previa.

 
Unebooks

RTVE

Unelibros

Unelibros Otoño 2018

+ Unerevistas, suplemento electrónico

Unelibros Otoño 2018


Unelibros Primavera 2018

+ Unerevistas, suplemento electrónico

Unelibros Primavera 2018


Unerevistas

Unerevistas Otoño 2018

Suplemento electrónico de Unelibros

Unerevistas Otoño 2018


Unerevistas Primavera 2018

Suplemento electrónico de Unelibros

Unerevistas Primavera 2018


Colección UNE

La Revolución Google Scholar. Destapando la Caja de Pandora Académica

De Enrique Orduña-Malea, Alberto Martín-Martín, Juan M. Ayllón y Emilio Delgado López-Cózar

La Revolución Google Scholar


El ecosistema del libro electrónico universitario

I Premio Nacional de Investigación en Edición

El ecosistema del libro electrónico universitario


Calidad en la edición universitaria

De Alberto Álvarez Suárez

Calidad en la edición universitaria


Catálogos temáticos

II Salón del Libro Universitario UNE

II Foro Editorial de Estudios Hispánicos y Americanistas

Catálogo II Salón del Libro Universitario UNE