actividades

A USC edita El desafío de la creatividad de Enric Trillas, pai da lóxica borrosa en España

| Compartir |

Foto del autor“Crear require, ademais de inducir, o entusiasmo persoal por crear algo novo, relevante e rompedor, así como asombrarse previamente polas novas preguntas e as posibles respostas ás mesmas”. Estas é unha das ideas coas que Enric Trillas conclúe o seu libro El desafío de la creatividad , obras que o autor presentou este mércores na Reitoría da USC e que lle serviu para afirmar que “o futuro demandaranos creatividade”.

O libro preséntase como “unha viaxe intelectual arredor do mundo da creatividade dende unha visión da mesma pegada ao razoamento non dedutivo ordinario, concretamente á obtención das conxecturas chamadas ‘especulacións’”. Como o mesmo autor adianta no proemio da obra, esta “defende unha visión naturalística do fenómeno da creatividade, soportada na linguaxe, dentro do razoamento ordinario e como parte importante da racionalidade”. 

Como se puxo de manifesto no acto, “este ensaio quere servir de guía e estímulo” para propor unha “reflexión sobre o desafío que, maiormente de tipo computacional, a creatividade formula á ciencia”. En opinión do autor, o concepto de creatividade propón un “desafío que require a transformación dos actuais estudos sobre o razoamento ordinario ou de sentido común nunha ciencia empírica, á vez teórica e experimental: unha física da linguaxe e o razoamento, como a física é a ciencia da materia, a enerxía e o movemento”. 

A obra presentouse nun encontro cos medios de comunicación que presidiu a vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo Moledo, e  no que tamén interviñeron ademais do autor o prologuista do volume, o ex reitor Senén Barro, e o director do Servizo de Publicación, Juan Blanco Valdés. 


Enric Trillas 

Enric Trillas foi catedrático das universidades politécnicas de Catalunya e de Madrid, investigador emérito do European Centre for Soft Computing e actualmente profesor emérito da Universidade de Oviedo. Ademais é doutora honoris causa pola USC e pola Pública de Navarra, ademais de profesor visitante distinguido da Universidade Nacional de Córdoba (Arxentina) e membro da Accademia Nazionale delle Scienze, Lettere e Arti de Palermo. É autor de catrocentos artigos en revistas, actas de congresos e obras colectivas e dunha ducia de libros e está considerado o introdutor da lóxica borrosa en España. 

Ditou conferencias e impartiu cursos en universidades e centros de investigación españois e estranxeiros como Berkeley (Californi), Meiji e Tokio Institute fo Technology (Xapón), Dortmund (Alemaña), Nápoles e Palermo (Italia) ou Córdoba e Bos Aires (Arxentina).

 
Unebooks

RTVE

Unelibros

Unelibros Primavera 2018

+ Unerevistas, suplemento electrónico

Unelibros Primavera 2018


Unelibros Otoño 2017

+ Unerevistas, suplemento electrónico

Unelibros Otoño 2017

GuardarGuardarGuardarGuardar


Unerevistas

Unerevistas Primavera 2018

Suplemento electrónico de Unelibros

Unerevistas Primavera 2018


Unerevistas Otoño 2017

Suplemento electrónico de Unelibros


Colección UNE

La Revolución Google Scholar. Destapando la Caja de Pandora Académica

De Enrique Orduña-Malea, Alberto Martín-Martín, Juan M. Ayllón y Emilio Delgado López-Cózar

La Revolución Google Scholar


El ecosistema del libro electrónico universitario

I Premio Nacional de Investigación en Edición

El ecosistema del libro electrónico universitario


Calidad en la edición universitaria

De Alberto Álvarez Suárez

Calidad en la edición universitaria


Catálogos temáticos

II Salón del Libro Universitario UNE

II Foro Editorial de Estudios Hispánicos y Americanistas

Catálogo II Salón del Libro Universitario UNE