actividades

O Servizo de Publicacións reimprime Astronomía a ollo ceibe de Ramón Mª Aller

| Compartir |
Coincidindo co LXXV aniversario en 2018 do Observatorio Astronómico Ramón María Aller.

O Servizo de Publicacións reimprime Astronomía a ollo ceibe de Ramón Mª AllerEditada en 2016, en coedición coa Xunta de Galicia, e axiña esgotada, o Servizo de Publicacións da USC novamente en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística acaba de reimprimir o libro Astronomía a ollo ceibe , coincidindo co LXXV aniversario en 2018 do Observatorio Astronómico Ramón María Aller. 

Astronomía a ollo ceibe é a tradución galega da obra divulgativa Astronomía a simple vista -publicada orixinalmente en 1948 e reeditada facsimilarmente pola USC en 1998 e 2014- de autoría do astrónomo, matemático e fundador do Observatorio Astronómico da USC, o catedrático Ramón María Aller Ulloa (1878-1966). A edición galega, ademais dun considerable esforzo de adaptación léxica, conceptual e estilística a prol dunha magnífica obra de iniciación á astronomía en lingua galega, representou tamén, cando se editou por vez primeira en 2016, unha homenaxe á dimensión humana e científica do seu autor, con ocasión do quincuaxésimo aniversario do seu pasamento. Nesta obra, Ramón M. Alller quixo lembrar os seus comezos de astrónomo a simple vista e facilita ao afeccionado un libro senlleiro entre os de divulgación astronómica. 

Como explica o coordinador e responsable da revisión científica da obra, o profesor José Ángel Docobo, a denominación do libro provén do título que se lle ía dar a unha obra de divulgación que o Seminario de Estudos Galegos lle encargara a Ramón María Aller e cuxa presentación, segundo a prensa da época, estaba prevista para 1936 pero nunca chegou a producirse.

 
 
Unebooks

RTVE

Unelibros

Unelibros Primavera 2019

+ Unerevistas, suplemento electrónico

Unelibros Primavera 2019


Unelibros Otoño 2018

+ Unerevistas, suplemento electrónico

Unelibros Otoño 2018


Unerevistas

Unerevistas Otoño 2018

Suplemento electrónico de Unelibros

Unerevistas Otoño 2018


Colección UNE

La Revolución Google Scholar. Destapando la Caja de Pandora Académica

De Enrique Orduña-Malea, Alberto Martín-Martín, Juan M. Ayllón y Emilio Delgado López-Cózar

La Revolución Google Scholar


El ecosistema del libro electrónico universitario

I Premio Nacional de Investigación en Edición

El ecosistema del libro electrónico universitario


Calidad en la edición universitaria

De Alberto Álvarez Suárez

Calidad en la edición universitaria


Catálogos temáticos

II Salón del Libro Universitario UNE

II Foro Editorial de Estudios Hispánicos y Americanistas

Catálogo II Salón del Libro Universitario UNE