actividades

A revista Verba. Anuario Galego de Filoloxía acada o Selo de Calidade FECYT

| Compartir |
É o máximo galardón que pode recibir en España unha revista en función da súa calidade editorial e científica

FECYT calidad de revistas científicas

A revista Verba. Anuario Galego de Filoloxía acaba de acadar o Selo de Calidade FECYT, máximo galardón que pode recibir en España unha revista científica, na IV convocatoria de avaliación da calidade editorial e científica das revistas científicas españolas desenvolvida durante 2014.

O proceso de avaliación ten lugar no contexto das accións de apoio á profesionalización das revistas científicas españolas (ARCE), que ten como obxectivo principal potenciar as revistas científicas de excelencia e axudar a aquelas que están no camiño de lograr un maior impacto internacional.

Para os co directores da revista, os profesores da Facultade de Filoloxía, María Xosé Rodríguez Espiñeira e Ramón Mariño Paz, o selo é un “nomeado recoñecemento do labor e implicación de todas as persoas e sensibilidades que fixeron posible unha revista que este ano cumpre 40 da súa existencia, pois foi fundada en 1974 polo catedrático de Filoloxía Románica Constantino García”. Ademais, supón un “grande estímulo para o prestixio dunha publicación filolóxica de referencia, que presenta taxas de citas e impacto moi importantes ”. 

Pola súa banda, o director de Publicacións da USC, Juan L. Blanco Valdés, inscribe a concesión do selo nunha “dinámica continuada de apoio técnico e editorial ás revistas da USC, dende 2012 editadas na súa totalidade no portal dixital Rev{USC}, de cara a acadaren os maiores niveis de visibilización internacional”. A listaxe provisional de revistas con selo de calidade FECYT 2014 pode consultarse aquí.

 

 
Unebooks

RTVE

Unelibros

Unelibros Otoño 2018

+ Unerevistas, suplemento electrónico

Unelibros Otoño 2018


Unelibros Primavera 2018

+ Unerevistas, suplemento electrónico

Unelibros Primavera 2018


Unerevistas

Unerevistas Otoño 2018

Suplemento electrónico de Unelibros

Unerevistas Otoño 2018


Unerevistas Primavera 2018

Suplemento electrónico de Unelibros

Unerevistas Primavera 2018


Colección UNE

La Revolución Google Scholar. Destapando la Caja de Pandora Académica

De Enrique Orduña-Malea, Alberto Martín-Martín, Juan M. Ayllón y Emilio Delgado López-Cózar

La Revolución Google Scholar


El ecosistema del libro electrónico universitario

I Premio Nacional de Investigación en Edición

El ecosistema del libro electrónico universitario


Calidad en la edición universitaria

De Alberto Álvarez Suárez

Calidad en la edición universitaria


Catálogos temáticos

II Salón del Libro Universitario UNE

II Foro Editorial de Estudios Hispánicos y Americanistas

Catálogo II Salón del Libro Universitario UNE