noticias

Noticias

| Compartir |

A USC participa na Feira Internacional do Libro de Bos Aires 2018

27/04/2018

Caseta UNENovidades e clásicos editoriais do Servizo de Publicacións representarán a USC na 44 Feira do Libro de Bos Aires ata o vindeiro 14 de maio. O obxectivo é difundir neste mostra, unha das máis importantes citas internacionais do libro, as obras con máis proxección exterior, especialmente no mercado hispano falante.

De entre os títulos escollidos, destacas obras de diversa temática como: Agua para todos,Identidades de género, trabajo, conocimiento y educación Fray Manuel de los Mártires; La vida privada de John Stuart MillValente vital (Magreb, Israel, Almería) Racionalidad y humanidad Escritura y sociedad: la nobleza; Las medicinas de la historia española en América Ramón del Valle-Inclán: Un día de guerra; Vivir el acontecimiento. Aproximaciones desde el pensamiento contemporáneo; Fronteras de agua: las ciudades portuarias y su universo cultural ¿Olvidar a Clitemnestra? Sobre justicia e igualdad Epistolaridad y realismo Héroes de libro: poesía heroica en las culturas anglogermánicas medievales ; e El tratado De uitiis et uirtutibus orationis de Julián de Toledo 

A USC asiste a esta cita baixo o pavillón da Unión de Editoriais Universitarias Españolas (UNE), xunto a outras trinta e catro editoriais de universidades e centros de investigación. En conxunto exporanse máis de 450 títulos que abarcan as máis diversas áreas de coñecemento e materias: política, historia, filosofía, dereito, poesía, cinema, arte, música, comunicación, medio ambiente, astroloxía, turismo e educación, entre outras. 

Os títulos da Universidade de Santiago de Compostela, xunto cos do resto de editoriais universitarias, poderán consultarse e, no seu caso, adquirirse na caseta de UNE (Pavillón Azul, caseta 410), que estará asistido polo distribuidor arxentino Jorge Waldhuter. Os libros que non se vendan na mostra incorporaranse á exposición permanente que a UNE ten en Waldhuter La Librería (Avenida Santa Fe, 1685), que conta na actualidade cun fondo de 600 títulos, editados polos campus españois. O distribuidor arxentino garante, ademais, a presenza dos libros universitarios españois en numerosas xornadas, exposicións e nas principais feiras do país ao longo de todo o ano.

 
Unebooks

RTVE

Unelibros

Unelibros Primavera 2018

+ Unerevistas, suplemento electrónico

Unelibros Primavera 2018


Unelibros Otoño 2017

+ Unerevistas, suplemento electrónico

Unelibros Otoño 2017

GuardarGuardarGuardarGuardar


Unerevistas

Unerevistas Primavera 2018

Suplemento electrónico de Unelibros

Unerevistas Primavera 2018


Unerevistas Otoño 2017

Suplemento electrónico de Unelibros


Colección UNE

La Revolución Google Scholar. Destapando la Caja de Pandora Académica

De Enrique Orduña-Malea, Alberto Martín-Martín, Juan M. Ayllón y Emilio Delgado López-Cózar

La Revolución Google Scholar


El ecosistema del libro electrónico universitario

I Premio Nacional de Investigación en Edición

El ecosistema del libro electrónico universitario


Calidad en la edición universitaria

De Alberto Álvarez Suárez

Calidad en la edición universitaria


Catálogos temáticos

II Salón del Libro Universitario UNE

II Foro Editorial de Estudios Hispánicos y Americanistas

Catálogo II Salón del Libro Universitario UNE