noticias

Noticias

| Compartir |

Presentan na USC unha guía para institucionalizar a metodoloxía Aprendizaxe-Servizo na universidade

O volume, único destas características en Europa, é resultado dun traballo de investigación conxunta de seis universidades españolas

31/10/2018

De esquerda a dereita, Juan Blanco, Mar Lorenzo, Celia Besteiro e Miguel Santos. Foto: ServimavA Aprendizaxe-Servicio (ApS) é unha proposta educativa que combina procesos de aprendizaxe e de servizo á comunidade nun único proxecto no que as persoas participantes aprenden á vez que traballan nas necesidades reais da contorna coa fin de melloralo.

O auxe da ApS na educación superior está ligado a unha activa relación da universidade coa sociedade civil, e en 2015 a CRUE recoñecía a importancia da súa institucionalización como estratexia docente dentro do marco da responsabilidade social universitaria. 

Conscientes da súa importancia, un grupo de docentes de seis universidades españolas comezou un traballo de investigación que derivou na Guía para la institucionalización del aprendizaje-servicio en la universidad que este mércores presentaron en San Xerome os coordinadores do volume, os profesores Mar Lorenzo Moledo e Miguel Anxo Santos Rego, e o director do Servizo de Publicacións, Juan Blanco Valdés. No acto estivo ademais presente a vicerreitora de organización Académica, Celia Besteiro. 

Son autores tamén da publicación –a única en Europa destas características- Igor Mella, Alexandre Sotelino, José Álvarez Castillo, Gonzalo Jover, Concepción Naval e Cruz Pérez Pérez. Todos e todas coinciden, tomando como referencia a Jacoby (1996), na necesidade de institucionalizar a ApS na universidade xa que a súa intencionalidade educativa é a que, xunto coa súa orientación social, lle permite á institución harmonizar a súa tradicional misión de formar ao estudantado de maneira integral coa súa actualizada misión de ser capaz de responder ás necesidades da súa contorna. 

É ademais, dixo Miguel Santos na presentación, “unha magnífica ferramenta para elevar a calidade e o compromiso social da Universidade”. En esencia, pretende mellorar a aprendizaxe a través da consecución do benestar da comunidade, sendo efectiva nesa prestación de servizos “e deixando claro que a sociedade, neste caso a galega, non pode estar completa sen a achega da USC”, sentenciou. 

Para a vicerreitora Mar Lorenzo, os proxectos de ApS “alimentan perfectamente” a terceira misión da Universidade, a de transferencia de coñecemento ao servizo da sociedade. A profesora e co editora do volume aclarou ademais no acto que a compostelá é a única universidade española que avalía de maneira institucional os seus proxectos Aps, algo que fai dende hai dous anos a razón de 20 iniciativas cada curso que cobren todas as áreas de coñecemento. 

Traballo coordinado 
A guía, cuxa versión en inglés tamén estará dispoñible en liña, é o resultado do traballo en equipo das universidades da Coruña, Complutense de Madrid, Córdoba, Navarra, USC e Valencia baixo a coordinación da Universidade de Santiago e no marco do proxecto ‘ Aprendizaje-servicio e innovación en la universidad. Un programa para la mejora del rendimiento académico y el capital social de los estudiantes’ cuxa finalidade principal foi a validación dun modelo de institucionalización da metololoxía de aprendizaxe-servizo na universidade. 

O volume trata así de proporcionar un marco de innovación pedagóxica co denominador común de vincular teoría e práctica e facendo que o alumnado identifique necesidades ás que terán que saber dar resposta e acordar vías de implicación para a solución de problemas existentes no seu contexto vital.

 

 

 

 
Unebooks

RTVE

Unelibros

Unelibros Otoño 2018

+ Unerevistas, suplemento electrónico

Unelibros Otoño 2018


Unelibros Primavera 2018

+ Unerevistas, suplemento electrónico

Unelibros Primavera 2018


Unerevistas

Unerevistas Otoño 2018

Suplemento electrónico de Unelibros

Unerevistas Otoño 2018


Unerevistas Primavera 2018

Suplemento electrónico de Unelibros

Unerevistas Primavera 2018


Colección UNE

La Revolución Google Scholar. Destapando la Caja de Pandora Académica

De Enrique Orduña-Malea, Alberto Martín-Martín, Juan M. Ayllón y Emilio Delgado López-Cózar

La Revolución Google Scholar


El ecosistema del libro electrónico universitario

I Premio Nacional de Investigación en Edición

El ecosistema del libro electrónico universitario


Calidad en la edición universitaria

De Alberto Álvarez Suárez

Calidad en la edición universitaria


Catálogos temáticos

II Salón del Libro Universitario UNE

II Foro Editorial de Estudios Hispánicos y Americanistas

Catálogo II Salón del Libro Universitario UNE