Universidade de Santiago de Compostela

Noticias

O novo volume dos Cuadernos de Español como Lengua Extranjera propón un percorrido xeográfico e cultural pola Galicia contemporánea

18/01/2019

O novo volume dos Cuadernos de Español como Lengua Extranjera propón un percorrido xeográfico e cultural pola Galicia contemporáneaA literatura galega como inspiración para aprender español. Con textos de Rosalía de Castro, Manuel Rivas, Suso de Toro, Yolanda Castaño ou Álvaro Cunqueiro, a colección Cuadernos de Español como Lengua Extranjera presenta un quinto volume que reúne pezas de autores e autoras galegos que axudarán a consolidar as competencias necesarias para dominar a lingua castelá. 


O Selo USC Editora supera a auditoría de seguimento de certificación conforme á norma ISO 9001:2015

13/12/2018

Captura do portal web de USC EditoraO Selo USC Editora acaba de superar a auditoría de seguimento anual de certificación do seu sistema de xestión de calidade conforme á norma UNE-EN ISO 9001:2015. A mediados deste mesmo ano, o Servizo de Publicacións, responsable deste selo editorial, xa se convertera no primeiro servizo universitario que conseguía a adaptación aos novos estándares.


O SPIC participa na Feira de Innovación USC-Abanca o 27 e 28 de novembro na Cidade da Cultura de Galicia

14/11/2018

O Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC aplicará un 25% de desconto nos libros á venda na Feira.


Presentan na USC unha guía para institucionalizar a metodoloxía Aprendizaxe-Servizo na universidade

O volume, único destas características en Europa, é resultado dun traballo de investigación conxunta de seis universidades españolas
31/10/2018

De esquerda a dereita, Juan Blanco, Mar Lorenzo, Celia Besteiro e Miguel Santos. Foto: ServimavA Aprendizaxe-Servicio (ApS) é unha proposta educativa que combina procesos de aprendizaxe e de servizo á comunidade nun único proxecto no que as persoas participantes aprenden á vez que traballan nas necesidades reais da contorna coa fin de melloralo.


A USC edita o libro dixital Na procura da noite. Fotografando o ceo nocturno

18/07/2018

Foto del actoSon un total de 94 imaxes que recollen outras tantos instantáneas do ceo nocturno da man “dun grupo de soñadores que, sendo sensibles ao instinto ancestral de mirarmos cara ao ceo, se lanzaron á procura da noite a rescatar ese tesouro apagado polo malgasto de luz artificial”.


<< Primera < Anterior Pg de 22 (109 reg.) Siguiente > Ultima >>