Universidade de Santiago de Compostela

Actividades

Unha investigación con participación da USC recibe o premio Pere Mascaró á innovación social en servizos sociais

A investigación ‘Jóvenes que construyen futuros: de la exclusión a la inclusión social’ na que participaron os profesores José Antonio Caride, Belén Caballo, Rita Gradaílle, Laura Varela e Ángela de Valenzuela, membros do Grupo de Referencia Competitiva en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea) da USC, recibiu o Premio Pere Mascaró no ámbito dos servizos sociais. Este recoñecemento, promovido polo Consell de Mallorca a través do Instituto Mallorquín de Asuntos Sociais (IMAS), pon de manifesto a contribución do traballo da USC á mellora e sustentabilidade dos servizos sociais, á prevención e á análise de necesidades emerxentes na sociedade. 


Explican nun volume a historia e evolución das medicinas descubertas tras a colonización española de América

O descubrimento de América polos españois significou unha nova fonte de medicamentos. A súa gran diversidade de territorios ofrecía novas plantas medicinais e drogas que foron  incorporándose ás farmacopeas e formularios da época. Desas medicinas descubertas tras a colonización española dá conta o novo volume do profesor xubilado da USC Enrique Raviña titulado Las medicinas de la historia española en América / Medicines of Spanish History from America, que a Universidade compostelá coedita coa Fundación Lilly.


A Cátedra Valle-Inclán conmemora cun novo volume os 100 anos da publicación de ''La Media Noche. Visión estelar de un momento de guerra''

De esquerda a dereita, Juan Blanco, Bénédicte Vauthier, Almudena Hospido, Margarita Santos e Isabel Casal. Foto: Servimav-USCAs profesoras Margarita Santos Zas, da USC, e Bénédicte Vauthier, da Universidade de Berna, presentaron este xoves en San Xerome o o volume 10 da Biblioteca da Cátedra Valle-Inclán Ramón del Valle-Inclán: Un día de guerra (Visión Estelar). La Media Noche. Visión estelar de un momento de guerra do que son editoras e para o que a USC achega todo o fondo documental e bibliográfico. No acto participaron tamén a vicerreitora de Internacionalización, Almudena Hospido; a directora da Biblioteca Universitaria da USC, Isabel Casal Reyes, e o director de Publicacións da USC, Juan L. Blanco Valdés.


A USC e o Concello de Santiago editan o ensaio de María Reimóndez gañador do I Premio Xohana Torres

A USC e o Concello de Santiago editan o ensaio de María Reimóndez gañador do I Premio Xohana TorresCorpos Exorbitantes. Rosalía de Castro, tradutora feminista, en diálogo con Erín Moure é o título da obra gañadora do I Premio Xohana Torres, asinado por María Reimóndez e de cuxa edición son responsables a USC e o Concello de Santiago. O volume presentárono este xoves publicamente a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Álvarez Pérez, e a concelleira de Igualdade, Marta Lois, xunto coa autora da obra María Reimóndez, a poeta canadense Erín Moure, e o director do Servizo de Publicacións da USC, Juan Blanco.


Profesores da USC editan tres vocabularios galego-italiano de arte

Logo da publicación do Dicionario Italiano-Galego e os Vocabularios Galego-Italiano da Hostalaría e da Gastronomía, profesores da Área de Filoloxía Italiana da USC acaba de editar tres novos vocabularios, nesta ocasión sobre arte.


Abraham Rubín: “Hay ciertos intereses en desactivar el poder de cuestionamiento de la filosofía, para reducirla a un inofensivo corpus teórico”

Autor del libro “Vivir el acontecimiento: aproximaciones desde el pensamiento contemporáneo”, publicado por la Universidad de Santiago de Compostela

Presentación "Vivir el acontecimiento"

GuardarGuardarGuardarGuardar


Ver próximas actividades

Noticias

O libro da USC Universidad y sociedad del conocimiento, entre os dez máis vendidos no stand da UNE na Feira Internacional do Libro

Detalle do stand na Feira Internacional do LibroO libro editado pola USC Universidad y sociedad del conocimiento situouse entre os dez máis vendidos no stand que a Unión de Editoriais Universitarias Españolas (UNE) mantivo aberto entre o 25 de novembro e o 3 de decembro na Feira Internacional do Libro de Guadalajara en México. O volume da universidade compostelá é unha obra coordinada pola profesora Adriana Gewerc que aborda o coñecemento na universidade do século XXI atendendo á complexidade do marco actual. 


Os XX Premios Nacionais de Edición Universitaria recoñecen dous libros da USC como a obra mellor editada e a mellor coedición universitaria

O director do Servizo de Publicacións da USC, Juan Blanco Valdés, recolleu en Lleida os galardóns outorgados á USC pola obra mellor editada e a mellor coedición universitaria de entre os 128 títulos que concorreron aos XX Premios Nacionais de Edición Universitaria. Na categoría da obra mellor edithttp://xornal.usc.es/export/sites/default/xornal/acontece/imaxes/2017_11/Premios_edicion_universitaria_01.jpgada, os máis importantes premios da edición universitaria recoñecen o traballo realizado en Con el alba: El Cuaderno de Francia (1916). Manuscrito inédito de Ramón María del Valle-Inclán ­–vol. 9 da Biblioteca de la Cátedra Valle-Inclán–. O xurado concedeu o recoñecemento polo “ alarde de recursos formais empregados, a complexidade técnica e a o equilibrio entre fondo e forma”.

 


A USC e as universidades de Granada e Talca, rememoran o legado de Fernando Álvarez de Sotomayor, pintor e ex director do Museo do Prado

O libro incorpora as memorias, ata agora inéditas, escritas polo propio artista así como unha contribución de especialistas que abordan a súa figura dende distintas ópticas

‘Recuerdos de un viejo pintor’ ‘Recuerdos de un viejo pintor’ é o bloque que inicia o relato das memorias de Fernando Álvarez de Sotomayor, un “documento transcendental e ata agora inédito” que pon no papel “nin máis nin menos que as memorias do propio artista, redactadas e escritas de seu puño e letra, longo tempo conservadas celosamente polos seus sucesores e que agora ven a luz grazas á xenerosidade da súa neta”. Ao fío desas lembranzas, comeza Memorias de Fernando Álvarez de Sotomayor. Fomento y apreciación de las artes, unha proposta editorial da USC en colaboración coas universidades de Granada e Talca que este mércores se presentou na Reitoría da USC.


O Comité científico de Clásicos do Pensamento Universal aproba a programación editorial desta colección ata 2020

De esquerda a dereita, José Castillo, José Sordo, Darío Villanueva, Juan Blanco, Carlos Baliñas e Antón SantamarinaO comité científico da colección Clásicos do Pensamento Universalaprobou a programación futura desta liña editorial ata o ano 2020, que incorpora os títulos Os tónicos da vontade. Regras e consellos sobre a investigación científica de Santiago Ramón y Cajal ou Eichmann en Xerusalén. Un estudo sobre a banalidade do mal de H. Arendt.


O repositorio institucional Minerva suma xa dúas mil teses de doutoramento en acceso aberto

Captura de pantalla

A USC suma xa no seu repositorio institucional Minerva en acceso aberto un total de dúas mil tese de doutoramento de todas as áreas de coñecemento dispoñibles. Por áreas de coñecemento, ata a actualidade, hai aloxadas dixitalmente en formato pdf 260 teses da área de Artes e Humanidades, 535 da de Ciencias, 614 de Ciencias da Saúde, 421 da área de Sociais e Xurídica e 170 de Enxeñaría e Arquitectura. 

GuardarGuardar


A USC participa na Semana do Libro de Compostela con 60 das súas novidades editoriais

SELICA USC participa estes días na Semana do Libro de Compostela (SELIC), aberta ao público na praza da Quintana ata o próximo 11 de xuño e organizada pola Concellaría de Acción Cultural. A Universidade compostelá estará representada polo seu Servizo de Publicacións cun total de 60 títulos, a maior parte destes novidades dispoñibles para a súa venda e representativos das diversas liñas editoriais da editora universitaria.


Ver todas las noticias

Notas de Prensa

Abraham Rubín: “Hay ciertos intereses en desactivar el poder de cuestionamiento de la filosofía, para reducirla a un inofensivo corpus teórico”

Autor del libro “Vivir el acontecimiento: aproximaciones desde el pensamiento contemporáneo”, publicado por la Universidad de Santiago de Compostela

La Universidad de Santiago de Compostela presenta el libro “Vivir el acontecimiento: aproximaciones desde el pensamiento contemporáneo”

El jueves 20 de abril, a las 19:00h, en el espacio UNE de la Librería Gallaecia Liber de Santiago de Compostela

José Edelstein: “Pocos descubrimientos han sido alcanzados siguiendo el método científico ortodoxo”

Coautor del libro "Antimateria, magia y poesía", publicado por la Universidad de Santiago de Compostela

Ver todas las notas de prensa