A profesora Josefina Ling traduce ao español a obra de Paul Couteau Esos astrónomos locos por el cielo

Marzo, 04, 2014

A profesora Josefina Ling traduce ao español a obra de Paul Couteau Esos astrónomos locos por el cielo

Esos astrónomos locos por el cieloA profesora do Departamento de Matemática Aplicada e investigadora do Observatorio Astronómico Ramón María Aller Josefina F. Ling acaba de publicar o libro Esos astrónomos locos por el cielo o la historia de la observación de las estrellas dobles , unha tradución ao castelán do libro de Paul Couteau editada polo Servizo de Publicacións da USC. 

Como explica a autora desta tradución a obra presta atención a persoas que teñen consagrado “ a súa vida, e a miúdo a súa fortuna, á investigación e ao estudo das estrelas dobles, uns enigmáticos sistemas estelares que se dedican a xogar ao escondite mentres danzan un vals misterioso”.