
materia clásica de Álvaro Cunqueiro
ISBN: 978-84-9749-899-9 | 2025 | 17 x 24cm | P.V.P.: 20 euros
Idioma: español
colección: monografía, n.º 169
autoría: Marta Mariño Mexuto
A obra de Álvaro Cunqueiro bebe dunha multitude de fontes, entre as que se encontran o folclore galego, a materia de Bretaña, os temas e personaxes das Mil e unha noites e a mitoloxía grecolatina. Este traballo proponse facer unha análise dos elementos mitolóxicos presentes nas dúas novelas de Álvaro Cunqueiro que desenvolven materia de tradición clásica, centradas, respectivamente, nos personaxes de Ulises e Orestes: Las mocedades de Ulises (1960) e Un hombre que se parecía a Orestes (1967). Os elementos de orixe clásica trátanse tanto de forma individual e comparados coas fontes, como vistos no seu conxunto, para chegar a confirmar a hipótese de que o autor non fai unha desvalorización do mito ou unha desmitificación, senón que a súa visión constitúe fundamentalmente unha reescritura máis do mito. Esta nova achega pódese engadir ás interpretacións míticas que se levan sucedendo desde a Antigüidade, e mostra a plasticidade do mito e a súa capacidade para ser infinitamente reescrito.