A revista Dereito. Revista Xurídica da USC acaba de ser incluída no índice ERIH Plus

Julio, 07, 2015

A revista Dereito. Revista Xurídica da USC acaba de ser incluída no índice ERIH Plus

A revista Dereito. Revista Xurídica da USC acaba de ser incluída no índice ERIH Plus

Dereito. Revista Xurídica da USC acaba de ser incluída no prestixioso índice internacional ERIH Plus (European Reference Index for the Humanities and Social Sciences), que promove e xestiona o Norwegian Social Science Data Services (NSD). O obxectivo principal de ERIH é mellorar a visibilidade global da investigación de alta calidade en humanidades e ciencias sociais publicada en revistas académicas nas distintas linguas europeas en toda Europa.

A inclusión de Dereito neste índice é, segundo o seu equipo de dirección formado polos profesores Luis Míguez Macho e José Mª Miranda Boto, un recoñecemento da calidade acadada pola publicación, garantida por un esixente proceso de avaliación por pares. Pola súa parte, Juan L. Blanco Valdés, director do Servizo de Publicacións, servizo que edita dixitalmente a revista en acceso aberto diferido (dous anos) no Portal Dixital de Revistas da USC, salienta que a edición dixital das publicacións periódicas académicas contribúe directamente ao seu posicionamento e recolección por parte deste tipo de índices, estratéxicos na comunicación científica internacional. 

Ademais de Dereito, as outras revistas dixitais da USC indexadas en ERIH Plus son Ágora. Papeles de Filosofía Estudos de Lingüistica Galega Obradoiro de Historia Moderna Quintana Télos .