A revista Estudos de Lingüística Galega acaba de ser incluída no European Reference Index for the Humanities and Social Sciences

Febrero, 09, 2015

A revista Estudos de Lingüística Galega acaba de ser incluída no European Reference Index for the Humanities and Social Sciences

Estudos de Lingüística GalegaA revista  Estudos de Lingüística Galega  acaba de ser incluída por decisión do Norwegian Social Science Data Services (NSD) no European Reference Index for the Humanities and Social Sciences (ERIH PLUS). Segundo os seus promotores, a inclusión da publicación neste índice é un recoñecemento da calidade acadada pola revista á que a Axencia Nacional de Avaliación e Propectiva (ANEP) categorizou como revista A, mentres que o Qualis Periodicos do sistema CAPES como B2 e o MIAR lle atribúe un ICDS de 7,199.  

O obxectivo principal de ERIH é mellorar a visibilidade global da investigación de alta calidade en Humanidades e Ciencias Sociales publicada en revistas académicas nas distintas linguas europeas en toda Europa. O ERIH PLUS foi creado e desenvolvido por investigadores europeos baixo a coordinación do Standing Committee for the Humanities (SCH) da European Science Foundation (ESF). En 2014, a responsabilidade de mantemento de ERIH transferiuse ao Norwegian Social Science Data Services (NSD).  

Estudos de Lingüística Galega xa aparece indexada noutras bases de datos e noutros índices de referencia, tales como Scopus, CSA Linguistics and Language Behavior Abstracts, Linguistic Bibliography, MLA (Modern Language Association), REDALYC, DOAJ,  Open Access Digital Library, ISOC, ULRICH, DIALNET, CiteFactor, Cabell's Directory ou en e-Revistas.