A revista Verba. Anuario Galego de Filoloxía acada o Selo de Calidade FECYT

Junio, 11, 2014

� o máximo galardón que pode recibir en España unha revista en función da súa calidade editorial e científica

A revista Verba. Anuario Galego de Filoloxía acada o Selo de Calidade FECYT

FECYT calidad de revistas científicas

A revista Verba. Anuario Galego de Filoloxía acaba de acadar o Selo de Calidade FECYT, máximo galardón que pode recibir en España unha revista científica, na IV convocatoria de avaliación da calidade editorial e científica das revistas científicas españolas desenvolvida durante 2014.

O proceso de avaliación ten lugar no contexto das accións de apoio á profesionalización das revistas científicas españolas (ARCE), que ten como obxectivo principal potenciar as revistas científicas de excelencia e axudar a aquelas que están no camiño de lograr un maior impacto internacional.

Para os co directores da revista, os profesores da Facultade de Filoloxía, María Xosé Rodríguez Espiñeira e Ramón Mariño Paz, o selo é un "nomeado recoñecemento do labor e implicación de todas as persoas e sensibilidades que fixeron posible unha revista que este ano cumpre 40 da súa existencia, pois foi fundada en 1974 polo catedrático de Filoloxía Románica Constantino García". Ademais, supón un "grande estímulo para o prestixio dunha publicación filolóxica de referencia, que presenta taxas de citas e impacto moi importantes ". 

Pola súa banda, o director de Publicacións da USC, Juan L. Blanco Valdés, inscribe a concesión do selo nunha "dinámica continuada de apoio técnico e editorial ás revistas da USC, dende 2012 editadas na súa totalidade no portal dixital Rev{USC}, de cara a acadaren os maiores niveis de visibilización internacional". A listaxe provisional de revistas con selo de calidade FECYT 2014 pode consultarse aquí.