A Ribeira Sacra, enclave privilexiado de diferentes centros monásticos

Mayo, 28, 2013

O grupo Iacobus da USC presentou o volume Entre el agua y el cielo. El patrimonio monástico de la Ribeira Sacra

A Ribeira Sacra, enclave privilexiado de diferentes centros monásticos

O grupo de investigación Iacobus presentou este martes en Santiago, no transcurso do I Simposio Internacional de Novos Investigadores do Barroco Iberoamericano, a nova publicaciónEntre el agua y el cielo. El patrimonio monástico de la Ribeira Sacra. Opus Monasticorum V, unha edición da USC a cargo dos profesores Juan Monterroso e Enrique Fernández Castiñeiras.

Santo Estevo e Santa Cristina de Ribas de Sil, Santa María de Montederramo ou San Pedro de Rocas son os exemplos máis destacados da Ribeira Sacra como enclave privilexiado de diferentes centros monásticos, "que converte este territorio nunha peza clave para comprender o valor do patrimonio galego" e que lle debe moito á "herdanza cultural legada polo monacato beneditino e cisterciense", como explicaron os autores na presentación.


A obra presta atención "en dezaoito traballos resultado de estudos realizados en 2010" a tres fenómenos "de extraordinaria vixencia na actualidade" como son o monacato, o patrimonio cultural e a súa interpretación, "una obriga ineludible do proxecto de investigación "A aplicación do patrimonio artístico á sustentabilidade da Ribeira Sacra (Montederramo e Ribas de Sil)" que levará á conservación e a valoración pública dun dos territorios máis singulares de Galicia", afirmaron. 
 
Péchase con este libro o labor desenvolvido durante tres años en torno ao monacato da Ribeira Sacra grazas ao devandito proxecto de investigación e pon un punto e seguido ao estudo do monacato galego no que boa parte do grupo Iacobus traballa de maneira continuada desde 1997. 

Simposio internacional

O I Simposio Internacional de Novos Investigadores do Barroco Iberoamericano desenvolve este mércores 29 a súa última sesión coa análise de cuestións referidas á literatura emblemática a través dos fondos de San Martín Pinario, as xuras dos últimos borbóns na Nova España ou o barroco colonial no arquivo fotográfico do CSIC, entre outras.