A Universidade de Santiago de Compostela participa na Feira do Libro de Madrid

Junio, 08, 2016

Na xornada participou a autora Olga Guadalupe Mella

A Universidade de Santiago de Compostela participa na Feira do Libro de Madrid

Olga Guadalupe Mella e Juan Blanco, durante a xornada de sinatura de firmasA USC participa estes días na Feira do Libro de Madrid que se desenvolve no Parque do Retiro ata o día 12 de xuño. O Servizo de Publicacións compostelá comparte espazo na caseta 19 da Unión de Editoriais Universitarias Españolas (UNE).

A produción editorial da USC tivo o seu particular espazo de promoción dentro desta Feira este martes 7 cun acto de sinatura de exemplares do libro Epistolaridad y realismo , publicado recentemento pola USC dentro do selo de calidade USC Editora e que recolle a correspondencia privada e literaria de Juan Valera, Emilia Pardo Bazán e Benito Pérez Galdós. 

Na xornada participou a autora do volume, a profesora de orixe galega da Universidade de Pennsylvania Olga Guadalupe Mella, a quen acompañou o director do Servizo de Publicacións Juan Blanco.