A USC completa a presenza da súa produción editorial na rede nodal de bibliotecas públicas de Galicia

Abril, 06, 2015

Acaba de asinar un acordo para a doazón da produción editorial universitaria á Biblioteca Pública Juan Compañel de Vigo

A USC completa a presenza da súa produción editorial na rede nodal de bibliotecas públicas de Galicia

rede nodal de bibliotecas públicas de Galicia

A USC acaba de completar a súa presenza na rede nodal de bibliotecas públicas de Galicia cun acordo de doazón institucional da súa produción editorial á Biblioteca Pública 'Juan Compañel' de Vigo. Esta biblioteca recibirá nos próximos días as coleccións completas do selo USC Editora, de Clásicos do Pensamento Universal, as series Galicia e Científica da Biblioteca de Divulgación, do Día das Letras Galegas e a revista Dorna, Expresión Poética Galega.

Deste xeito a rede nodal de bibliotecas públicas de Galicia que integran as catro bibliotecas públicas provinciais e as bibliotecas Ánxel Casal de Santiago e a Juan Compañel de Vigo están a recibir a totalidade dos libros editados pola USC. Esta iniciativa insírese segundo o director o Servizo de Publicacións da Universidade compostelá, Juan L. Blanco Valdéz, “no lóxico e inevitable reflexo do papel que a actividade editorial da universidade compostelá ten que ter nos fondos das bibliotecas de referencia de Galicia”