A USC e o Consorcio de Santiago co editan o libro Fray Manuel de los Mártires, maestro de obras de San Domingos de Bonaval

Mayo, 07, 2018

Preséntase este luns na Fundación Gonzalo Torrente Ballester é suma o décimo volume que co editan dende o ano 2010

A USC e o Consorcio de Santiago co editan o libro Fray Manuel de los Mártires, maestro de obras de San Domingos de Bonaval

Cubierta de la obraFrei Manuel de los Mártires, mestre de obras de San Domingos de Bonaval, está considerado entre os arquitectos más relevantes de cantos traballaron na cidade de Santiago de Compostela no segundo terzo do século XVIII. A súa figura e traxectoria é o argumento central da décima obra co editada dende 2010 entre a USC e o Consorcio de Santiago e que se presenta este luns 7 de maio a partir das 20.00 horas na Fundación Gonzalo Torrente Ballester. Asisten á presentación o vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa, Roberto López; o alcalde e presidente do Consorcio, Martiño Noriega; a xerenta do mesmo organismo, Belén Hernández; o director xerente da Fundación Torrente Ballester, Miguel Fernández Cid; a autora do volume, Paula Pita Galán; o director do Servizo de Publicación da USC, Juan Blanco; e o do Consorcio, Juan Conde.

Co título Fray Manuel de los Mártires, maestro de obras de San Domingos de Bonaval , Paula Pita Galán presenta unha monografía que se mergulla na personalidade artística do arquitecto a través do estudo da súa obra na cidade de Compostela. 

Contemporáneo de Lucas Ferro Caaveiro e Clemente Fernández Sarela, e, como eles, sucesor de Fernando de Casas y Novoa e Simón Rodríguez ao fronte das grandes fábricas compostelás, en opinión da autora do libro, a figura do Frei Manuel de los Mártires quedou en segundo plano oculta, en parte, pola falta de información sobre a súa vida e dalgúns dos seus traballos. Entre outros, levan o seu selo os patios traseiros do antigo Hospital Real (actual Hostal dos Reis Católicos), a capela do Pazo de Oca, a igrexa de Santiago e Pontedeume ou a dos dominicos da Coruña.