A USC edita El desafío de la creatividad de Enric Trillas, pai da lóxica borrosa en España

Julio, 11, 2018

A USC edita El desafío de la creatividad de Enric Trillas, pai da lóxica borrosa en España

Foto del autor"Crear require, ademais de inducir, o entusiasmo persoal por crear algo novo, relevante e rompedor, así como asombrarse previamente polas novas preguntas e as posibles respostas ás mesmas". Estas é unha das ideas coas que Enric Trillas conclúe o seu libro El desafío de la creatividad , obras que o autor presentou este mércores na Reitoría da USC e que lle serviu para afirmar que "o futuro demandaranos creatividade".

O libro preséntase como "unha viaxe intelectual arredor do mundo da creatividade dende unha visión da mesma pegada ao razoamento non dedutivo ordinario, concretamente á obtención das conxecturas chamadas "especulacións"". Como o mesmo autor adianta no proemio da obra, esta "defende unha visión naturalística do fenómeno da creatividade, soportada na linguaxe, dentro do razoamento ordinario e como parte importante da racionalidade". 

Como se puxo de manifesto no acto, "este ensaio quere servir de guía e estímulo" para propor unha "reflexión sobre o desafío que, maiormente de tipo computacional, a creatividade formula á ciencia". En opinión do autor, o concepto de creatividade propón un "desafío que require a transformación dos actuais estudos sobre o razoamento ordinario ou de sentido común nunha ciencia empírica, á vez teórica e experimental: unha física da linguaxe e o razoamento, como a física é a ciencia da materia, a enerxía e o movemento". 

A obra presentouse nun encontro cos medios de comunicación que presidiu a vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo Moledo, e  no que tamén interviñeron ademais do autor o prologuista do volume, o ex reitor Senén Barro, e o director do Servizo de Publicación, Juan Blanco Valdés. 


Enric Trillas 

Enric Trillas foi catedrático das universidades politécnicas de Catalunya e de Madrid, investigador emérito do European Centre for Soft Computing e actualmente profesor emérito da Universidade de Oviedo. Ademais é doutora honoris causa pola USC e pola Pública de Navarra, ademais de profesor visitante distinguido da Universidade Nacional de Córdoba (Arxentina) e membro da Accademia Nazionale delle Scienze, Lettere e Arti de Palermo. Ã? autor de catrocentos artigos en revistas, actas de congresos e obras colectivas e dunha ducia de libros e está considerado o introdutor da lóxica borrosa en España. 

Ditou conferencias e impartiu cursos en universidades e centros de investigación españois e estranxeiros como Berkeley (Californi), Meiji e Tokio Institute fo Technology (Xapón), Dortmund (Alemaña), Nápoles e Palermo (Italia) ou Córdoba e Bos Aires (Arxentina).