A USC ofrece un desconto do 35% para a comunidade universitaria no seu fondo editorial

Abril, 18, 2016

É unha iniciativa con motivo do Día do Libro

Coincidindo coa celebración do Día do Libro o próximo 23 de abril, a USC, a través do seu Servizo de Publicacións, desenvolve unha campaña promocional pola que aplicará un desconto do 35% sobre o prezo de venda ao público aos membros da comunidade universitaria nos prezos do fondo editorial deste servizo. 

A campaña estenderase entre este luns 18 e o próximo día 25 nas propias dependencias do Servizo de Publicación (Casa Gradín, Campus Vida) en horario de 9.00 a 14.00 horas.