Novidades e clásicos editoriais do Servizo de Publicacións representarán a USC na 44 Feira do Libro de Bos Aires ata o vindeiro 14 de maio. O obxectivo é difundir neste mostra, unha das máis importantes citas internacionais do libro, as obras con máis proxección exterior, especialmente no mercado hispano falante.
De entre os títulos escollidos, destacas obras de diversa temática como: Agua para todos,Identidades de género, trabajo, conocimiento y educación ; Fray Manuel de los Mártires; La vida privada de John Stuart Mill; Valente vital (Magreb, Israel, Almería) ; Racionalidad y humanidad ; Escritura y sociedad: la nobleza; Las medicinas de la historia española en América ; Ramón del Valle-Inclán: Un día de guerra; Vivir el acontecimiento. Aproximaciones desde el pensamiento contemporáneo; Fronteras de agua: las ciudades portuarias y su universo cultural ; ¿Olvidar a Clitemnestra? Sobre justicia e igualdad ; Epistolaridad y realismo ; Héroes de libro: poesía heroica en las culturas anglogermánicas medievales ; e El tratado De uitiis et uirtutibus orationis de Julián de Toledo .
A USC asiste a esta cita baixo o pavillón da Unión de Editoriais Universitarias Españolas (UNE), xunto a outras trinta e catro editoriais de universidades e centros de investigación. En conxunto exporanse máis de 450 títulos que abarcan as máis diversas áreas de coñecemento e materias: política, historia, filosofía, dereito, poesía, cinema, arte, música, comunicación, medio ambiente, astroloxía, turismo e educación, entre outras.
Os títulos da Universidade de Santiago de Compostela, xunto cos do resto de editoriais universitarias, poderán consultarse e, no seu caso, adquirirse na caseta de UNE (Pavillón Azul, caseta 410), que estará asistido polo distribuidor arxentino Jorge Waldhuter. Os libros que non se vendan na mostra incorporaranse á exposición permanente que a UNE ten en Waldhuter La Librería (Avenida Santa Fe, 1685), que conta na actualidade cun fondo de 600 títulos, editados polos campus españois. O distribuidor arxentino garante, ademais, a presenza dos libros universitarios españois en numerosas xornadas, exposicións e nas principais feiras do país ao longo de todo o ano.