A USC participa no sistema de intercambio científico das universidades españolas

Julio, 21, 2016

Conta cun fondo inicial de 6.000 libros dixitais

A USC participa no sistema de intercambio científico das universidades españolas

LOGO USCA USC participa xunto a outras 31 universidades españolas nun sistema de intercambio científico, dotado cun fondo inicial de 6.000 libros dixitais, no que destacan as obras correspondentes ás ciencias humanas e sociais en español, ademais de incluír un número destacado de ebooks  en galego, catalán e euskera.

O proceso de intercambio realizarase a partir de Unebook, plataforma de venda do libro universitario español creado pola UNE en 2014 que dispón do fondo dixital publicado por 68 universidades e centros de investigación. Distintos agregadores de contidos serán os encargados de facilitar o proceso de intercambio entre as institucións participantes. 

Esta é unha iniciativa que se desenvolve a partir dun acordo entre a Rede de Bibliotecas das Universidades Españolas (REBIUN) e a Unión de Editoriais das Universidades Españolas (UNE). Como sinalan os seus promotores, a cooperación en materia de intercambio de publicacións electrónicas supón dúas vantaxes fundamentais para as universidades, o aforro económico e a difusión da produción científica. Ademais, deste xeito increméntanse o catálogo de libros electrónicos dispoñibles para o estudantado con acceso en liña a obras de interese.