As cidades de Pontevedra e Lugo, protagonistas de dous novos títulos da USC en acceso aberto

Julio, 28, 2014

As cidades de Pontevedra e Lugo, protagonistas de dous novos títulos da USC en acceso aberto

Ruta Botánica polo Campus de Lugo

O Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago acaba de incrementar a súa oferta en acceso aberto e gratuíto con dúas novas obras referidas ás cidades de Pontevedra e Lugo. Os títulos foron recentemente aloxados norepositorio Minerva.

Las ruinas de Santo Domingo de Pontevedra é un prolixo estudo, profusamente ilustrado, sobre as alteracións e factores de deterioro, e as consecuentes propostas de restauración e pautas de conservación, dun dos monumentos máis representativos da cidade do Lérez. O estudo foi desenvolvido en sucesivos proxectos de investigación no que participan, entre outras, varias investigadoras da USC.

A outra obra, Ruta Botánica polo Campus de Lugo, deriva da edición impresa Ruta Botánica por el Campus de Lugo, promovida e coordinada polo Plan de Desenvolvemento Sostible da USC e publicada en coedición coa Deputación de Lugo en 2012. Trátase dunha atractiva aplicación interactiva en lingua galega que convida a unha ruta guiada a través do patrimonio vexetal do campus lucense, unha riqueza botánica que inclúe un total de 232 taxons, repartidos en 49 familias, 101 xéneros, 149 especies e 8 híbridos. Ademais, neste caso por vez primeira un produto editorial do Servizo de Publicacións preséntase nun triplo formato e soporte: .pdf para PC; .apk para Android (smartphones e tablets) e iOS para Apple (iPads eiPods). 

oferta en acceso aberto de Publicacións da USC, en permanente proceso de incremento, inclúe actualmente 19 monografías, 69 actas de congresos, 5.557 artigos de revistas e 1.302 teses de doutoramento.