Cando a apelación á cultura é un xeito de resistencia civil

Febrero, 25, 2026

Un volume editado pola USC e o Consorcio pon en valor o teatro universitario compostelán no tardofranquismo

Cando a apelación á cultura é un xeito de resistencia civil
Autoridades asistentes ao acto de presentación

A Universidade de Santiago e o Consorcio presentaron este martes no Museo do Pobo Galego a publicación Lembranzas a escena. Un labor teatral (Santiago de Compostela, 1958-1967), obra de Ezequiel Méndez Vidal.

Asistiron á presentación o reitor da USC, Antonio López; a alcaldesa e presidenta do Consorcio de Santiago, Goretti Sanmartín; a presidenta do padroado do Museo do Pobo Galego, Concepción Losada; o xerente do Consorcio de Santiago, José Antonio Domínguez; e os responsables dos departamentos de publicacións da USC e do Consorcio, Juan Blanco Valdés e Juan Conde Roa, respectivamente. Ademais, o historiador Ricardo Gurriarán Rodríguez leu un escrito realizado polo autor para a ocasión. 

(Salto a sitio externo para ver el artículo completo)