E fixemos a luz!, segundo título da 'Biblioteca de Divulgación, Serie Científica'

Febrero, 19, 2016

Segundo número da colección ?? Biblioteca de Divulgación, Serie Científica'

E fixemos a luz!, segundo título da

De esquerda a dereita, Jorge Mira, Salvador Bará, Dolores Álvarez, Juan L. Blanco Valdés e Francisco Díaz-Fierros (Foto: SERVIMAV-USC)

"Contribuír a xerar curiosidade na xente" é o obxectivo que o profesor da USC Salvador Bará se propón co seu libro E fixemos a luz!, segundo número da colección " Biblioteca de Divulgación, Serie Científica' que recolle a historia científica da luz, coas controversias que provocou, sesgos biográficos das persoas que se dedicaron ao seu estudo, as aplicacións máis recentes e os problemas e interrogantes que o seu uso suscita.

 

O volume presentouse esta mañá no Colexio de Fonseca nun acto no que ademais do autor participaron a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Álvarez; o director de Publicacións da USC, Juan L. Blanco Valdés e os co directores da colección, Francisco Díaz-Fierros e Jorge Mira, que destacou do autor a "extraordinaria capacidade que ten de explicar para todos os públicos complicados conceptos da física". 

A serie científica de divulgación quere contribuír con este libro ás actividades que con motivo do Ano Internacional da Luz 2015 se desenvolveron en Galicia organizadas por un comité do que o autor formou parte. Deste xeito, o volume faise eco das accións e das científicas e científicos que axudaron a comprender a historia e natureza da luz e as múltiples aplicacións que dela xurdiron. A velocidade da luz, o seu poder curativo ou o seu lado escuro, a fórmula luz máis luz igual a escuridade ou a composición química das estrelas son algúns dos temas que centran os dez capítulos da publicación. 

Persoas, acontecementos, descubrimentos, invencións e controversias que explican, dunha maneira áxil e comprensible ""cun punto de diverciencia e chispeante literatura", engadiu Juan L. Blanco", un fenómeno físico esencial nas nosas vidas. Para a vicerreitora, parafraseando ao autor, o volume é "o reflexo dun obxectivo da ciencia como é a comunicación". 

A colección 
Creada en 2011, a Biblioteca de Divulgación. Serie Científica publica textos que, se ben son resultado da máis rigorosa investigación en cada campo, están presentados de forma divulgativa, pensados para o público xeral e non estritamente especialista. O primeiro volume foi Antimateria, magia y poesía, de José Edelstein e Andrés Gomberoff. 

Médicos e medicamentos. Qué nos receitan e por qué ou A maxia dos números son algúns dos títulos dos vindeiros números da colección que verán a luz en breve.