Juan Blanco: «A crise obríganos a facer cousas que antes se estimarían radicais»

Mayo, 27, 2013

Entrevista en La Voz de Galicia

Juan Blanco: «A crise obríganos a facer cousas que antes se estimarían radicais»

Juan Blanco

As editoriais universitarias están gañando a pulso o respecto de todo o sector e das grandes editoriais comerciais. Obviamente, o Servizo de Publicacións da USC non é unha excepción e o seu director, Juan Blanco, ten claro que o cambio de rumbo no que están inmersas estas editoriais é froito do esforzo individual de cada unha pero tamén de saber deixar as diferenzas a un lado e traballar nun proxecto común, que se traduce, por exemplo, na apertura da librería da Unión de Editoriais Universitarias Españolas (UNE) no centro de Madrid.