Minerva incorpora en acceso aberto as actas da I Xornada Universitaria Galega en Xénero

Julio, 31, 2014

Minerva incorpora en acceso aberto as actas da I Xornada Universitaria Galega en Xénero

Portada do volume, dispoñible en acceso aberto no repositorio MinervaAs actas da I Xornada Universitaria Galega en Xénero xa se poden consultar en acceso aberto editadas polo Servizo de Publicacións da USC no repositorio institucional Minerva co título XUGeX. Roles de xénero en tempos de crise .

 Celebrado en Santiago de Compostela en xuño de 2013, o encontro tiña como propósito fundamental realizar un achegamento aos temas de xénero dende unha abordaxe multidisplinar, habilitando ademais un punto de encontro e intercambio de ideas do persoal docente e investigador do sistema universitario galego interesado por esta perspectiva.

Nun momento de crise económica, financeira, social e cultural, esta primeira edición das xornadas centráronse nas repercusións que a crise ten sobre os roles de xénero dende diversas ópticas interrelacionadas: políticas públicas de igualdade, bloque temático que coordina a Oficina de Igualdade de Xénero da USC; mulleres e mercado laboral, baixo a coordinación da Oficina para a Igualdade de Xénero da UDC; e corresponsabilidade e conciliación, tema que moderou a Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.