O catálogo Unerevistas destaca catro revistas dixitais da USC

Mayo, 10, 2013

O catálogo Unerevistas destaca catro revistas dixitais da USC

Unerevistas Primavera 2013

O catálogo de primavera Unelibros, coas novidades editoriais, reportaxes, entrevistas e noticias das universidades españolas, está xa dispoñible en liña en formato flash e en formato .pdf. Unelibros distribúese gratuitamente entre a comunidade universitaria, librarías e profesionais do libro e, ademais da versión dixital en acceso aberto, dispón dunha tiraxe en papel de 4000 exemplares. 

Tamén está xa dispoñible en liña o catálogo Unerevistas , que, nesta edición de primavera, incorpora como novidade que as catro publicacións da USC reseñadas son revistas dixitais editadas no portal Rev{USC}. En opinión do director de Publicacións da USC, e vogal da actual Xunta Directiva da UNE, Juan L. Blanco Valdés, "o incremento do nivel de penetración e prestixio de Unelibros e Unerevistas, tanto no ámbito académico como no circuíto comercial do libro, é un dos logros máis notables da asociación, o auténtico buque-insignia dun sector consolidado, que supón case o 8% da produción editorial española".