O libro das Letras Galegas 2015 e a colección Clásicos do Pensamento Universal promociónanse na Libraría da UNE en Madrid

Mayo, 13, 2015

Como parte da campaña promocional da produción editorial da USC en lingua galega, varios volumes da colección Clásicos do Pensamento Universal , que a USC coedita coa Fundación BBVA, e o libro institucional que a Universidade dedica a Xosé Filgueira Valverde no Día das Letras Galegas 2015 ocupan durante esta semana e a seguinte boa parte do escaparate da libraría da UNE en Madrid, situada no centro da capital.
Esta campaña foi deseñada polo Servizo de Publicacións coincidindo co Día do Libro e o Día das Letras Galegas para relanzar unha colección única no panorama editorial galego, como é Clásicos do Pensamento Universal, que, dende Maquiavelo ou Spinoza a Freud ou MacLuhan, pon ao dispor do público as grandes obras do pensamento e a ciencia en esmeradas traducións a lingua galega.
  
A campaña iniciouse cunha sensible redución dos prezos da colección e segue agora coa presenza da colección e o libro das Letras nas principais librarías das cidades galegas.