O repositorio institucional Minerva suma xa dúas mil teses de doutoramento en acceso aberto

Junio, 09, 2017

O repositorio institucional Minerva suma xa dúas mil teses de doutoramento en acceso aberto

Captura de pantalla

A USC suma xa no seu repositorio institucional Minerva en acceso aberto un total de dúas mil tese de doutoramento de todas as áreas de coñecemento dispoñibles. Por áreas de coñecemento, ata a actualidade, hai aloxadas dixitalmente en formato pdf 260 teses da área de Artes e Humanidades, 535 da de Ciencias, 614 de Ciencias da Saúde, 421 da área de Sociais e Xurídica e 170 de Enxeñaría e Arquitectura. 

Guardar

Este é un proceso que depende técnica e editorialmente do Servizo de Publicacións. A edición en acceso aberto de produtos de investigación básica, moi nomeadamente as teses de doutoramento, comprometida pola USC ao asinar a Declaración de Berlín en 2006, intensificouse dende a entrada en vigor do real decreto do Ministerio de Educación polo que se regulan as ensinanzas oficiais de doutoramento e que prevé no seu artigo 14 o arquivo das teses de doutoramento en formato electrónico aberto en repositorios institucionais.