O Servizo de Publicacións anuncia a súa nova oferta de libros descatalogados

Noviembre, 03, 2015

O Servizo de Publicacións anuncia a súa nova oferta de libros descatalogados

Oferta de libros descatalagodosO Servizo de Publicacións vén de poñer ao dispor da comunidade universitaria a súa nova oferta de libros descatalogados, que inclúe os títulos dispoñibles (non esgotados) editados ata 2005. A descatalogación de libros é unha prática moi frecuente no sector editorial, ao abeiro do disposto no art. 67 da vixente Lei de Propiedade Intelectual. Malia que a lexislación permite saldar a edición aos dous anos da publicación da obra, o Servizo de Publicacións, tendo en conta a natureza nomeadamente científico-técnica e académica do seu fondo, descataloga as obras que edita nun prazo superior ao devandito, normalmente de dez anos. O catálogo de libros descatalogados pode consultarse ou descargarse aquí. A venda realízase nas dependencias do Servizo de Publicacións (Casa Gradín, Campus Vida, Santiago) e da Vicexerencia (Campus de Lugo), de 9 a 14:00 h.