Outras dúas revistas da USC incorpóranse ao índice ERIH Plus

Mayo, 12, 2016

Universidade de Santiago de Compostela

Outras dúas revistas da USC incorpóranse ao índice ERIH Plus

Eric Plus

As revistas Innovación Educativa Moenia. Revista Lucense de Lingüística  & Literatura acaban de ser incluídas no prestixioso índice internacional ERIH Plus (European Reference Index for the Humanities and Social Sciences), promovido e xestionado pola Norwegian Social Science Data Services. ERIH trata de mellorar a visibilidade global da investigación de alta calidade en humanidades e ciencias sociais publicada en revistas académicas nas distintas linguas europeas en toda Europa.

Innovación Educativa foi creada en 1991 e está dirixida polo profesor da Facultade de Ciencias da Educación Eulogio Pernas Morado. Pola súa banda, Moenia nace en 1995 e actualmente a dirixe o profesor da Facultade de Humanidades Alexandre Veiga. 

Tanto para os equipos redactores das dúas revistas como para o Servizo de Publicacións que as edita no Portal Dixital de Revistas da USC a incorporación a ERIH Plus confirma que a edición dixital das publicacións periódicas co software de código aberto Open Journal Systems, instaurada na USC en 2012, contribúe directamente ao seu posicionamento, impacto e recolección por parte deste tipo de índices, estratéxicos na comunicación científica internacional.  

As outras revistas dixitais da USC indexadas en ERIH+ son Ágora. Papeles de Filosofía Dereito Elos Estudos de Lingüistica Galega Obradoiro de Historia Moderna Télos Quintana  e Verba .