Participación do director de Publicacións da USC na mesa redonda ''Editar teatro: por que e para que'', nas Xornadas sobre Dramaturxia Galega

Diciembre, 13, 2016

Celebrada dentro de ''Dramaturxente. Xornadas sobre dramaturxia galega''

Participación do director de Publicacións da USC na mesa redonda

Foto mesa redondaNa súa dobre calidade de director de Publicacións da USC e vogal da Xunta Directiva da UNE, Juan L. Blanco Valdés participou hoxe na mesa redonda Editar teatro: por que e para que, celebrada dentro de Dramaturxente. Xornadas sobre dramaturxia galega, que de desenvolven no Salón Teatro de Santiago de Compostela de Compostela entre o 8 e o 10 de decembro organizadas conxuntamente polo Centro Dramático Galego e a asociación profesional DramaturGA.

Xunto con Afonso Ribas (Edicións Laio Vento), Paco Macías (Edicións Positivas), Manuel F. Vieites (Editorial Galaxia) e Manuel Bragado (Edicións Xerais), Blanco Valdés levou á mesa de debate o punto de vista dos editores. Na súa intervención, referiuse a que, malia non editaren creación literaria en xeral os editores universitarios, a achega da edición universitaria á esfera da dramaturxia, dende os máis variados puntos de vista (historia e crítica literaria, literatura, espectáculo, negocio, dinamización e contestación social, escenografía e arquitectura, deseño escénico…), é moi rica, tanto en forma de artigos de revista, teses de doutoramento (en boa parte en acceso aberto)  e monografías, salientando, neste último aspecto, que o portal do libro universitario español Unebook inclúe 302 títulos publicados por editoriais universitarias españolas  especificamente referidos a teatro  dende moi diferentes aproximacións e intereses. Neste sentido, e como contributo a remediar no posible o esmorecemento do teatro, Blanco Valdés tendeu a luva da máis aberta e fluída cooperación para a definición de liñas de traballo que rendibilicen a masa crítica xerada pola investigación universitaria no eido da creación teatral e os axente, públicos e privados, implicados no mantemento e estímulo do teatro.