PRELO, novo servizo de préstamo de libros electrónicos pioneiro na universidade española

Abril, 08, 2015

? un proxecto no que xunto á USC participan inicialmente as universidades de Burgos, Cádiz, Salamanca, León, Murcia, As Palmas, UNED, Politécnica de Valencia e Loyola de Andalucía

PRELO, novo servizo de préstamo de libros electrónicos pioneiro na universidade española

A presentación celebrouse na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca. Foto: Servimav-USC

Dentro dun proxecto pioneiro na universidade española, a USC pon en marcha un novo servizo de préstamo de libros electrónicos cuxo desenvolvemento corresponderá á Biblioteca Universitaria e ao Servizo de Publicacións e Intercambio Científico compostelá. A plataforma PRELO (PR?stamo de Libros Online) é unha iniciativa que a USC desenvolve en colaboración coas universidades de Burgos, Cádiz, Salamanca, León e Murcia, ás que proximamente se sumarán As Palmas e a UNED, ademais de Politécnica de Valencia e Loyola de Andalucía, e que conta co apoio tecnolóxico da empresa galega Xercode.

PRELO é unha solución para que os membros da USC podan consultar dende calquera dispositivo os libros electrónicos adquiridos pola Universidade compostelá ademais dos que se a institución reciba pola vía do intercambio científico coas outras universidades implicadas no proxecto. Dende o portal PRELO ofrécese información dos recursos electrónicos dispoñibles e posibilítase a súa lectura en liña e a súa obtención en préstamo, sempre previa identificación do usuario ou usuaria. O sistema de préstamo de libros electrónicos formúlase de xeito semellante ao que se segue cos libros impresos. A través das diferentes opcións de consulta, poderanse localizar os títulos en formato electrónico dispoñibles que será posible ler dende a mesma plataforma e dispoñer en préstamo para a súa lectura durante un prazo determinado.

As principais características técnicas da plataforma PRELO presentáronas este mércores 8 o vicerreitor de Comunicación e Coordinación, Xosé Pereira, e a vicerreitora de Investigación e Innovación, Isabel Rodríguez-Moldes Rey, acompañados da directora da Biblioteca, Mª Isabel Casal Reyes, e do director do Servizo de Publicacións, Juan Blanco Valdés. Tamén estivo presente Miguel Ángel Calvo, CEO de Xercode. O fondo inicial ao que terán acceso os usuarios e usuarias está integrado por 1.094 exemplares, que se irá ampliando coas sucesivas compras que se realicen. O acceso á plataforma poderá realizarse directamente a través do enderezo http://prelo.usc.es ou dende a web da Biblioteca Universitaria.

Inicialmente, estarán dispoñibles obras en español e galego de interese universitario ademais da posibilidade de acceder ao intercambio científico de libros editados polas universidades de Burgos, Cádiz, León, Murcia, Salamanca e Santiago e, proximamente, das universidades das Palmas, UNED, Politécnica de Valencia e Loyola de Andalucía. O catálogo está aberto de forma pública, polo que pode ser empregado como unha fonte de información bibliográfica e inclúe datos de identificación do título, autor/a, idioma, editorial e ano de edición así como un breve sumario sobre o contido, a imaxe da cuberta, formatos de lectura dispoñibles e opcións de lectura (offline e online), e a opción de compartir información sobre o título en cuestión en redes sociais, entre outras opcións. Ademais tamén se inclúen un apartado de suxerencias con obras semellantes ás buscadas e a posibilidade de engadir etiquetas e comentarios.

Do mesmo xeito que nas bibliotecas físicas, o préstamo dun título implicará o rexistro do exemplar como prestado, imposibilitando a consulta por outro usuario ou usuaria ata rematado o prazo de préstamo. As condicións de préstamo e lectura -no relativo a prazos, exemplares, renovacións e reservas- son as mesmas para calquera membro da comunidade universitaria. Neste senso, o número máximo de libros electrónicos prestados por usuario/a ao mesmo tempo será de dous exemplares. A duración do préstamo é por períodos de 15 días naturais, ao remate dos que o ebook deixará de estar dispoñibles nos dispositivos onde fora descargado.

Xebook

A plataforma tecnolóxica utilizada para este proxecto é Xebook, a través da que as bibliotecas proporcionan aos seus usuarios unha nova experiencia de recuperación, descubrimento e lectura dixital dende calquera lugar e sen restricións horarias. Recentemente constituíuse NUX, Núcleo de Usuarios de XeBook, un grupo de usuarios actualmente constituído polas universidades que inician o proxecto. 

O soporte tecnolóxico desenvolveuno XERCODE, empresa tecnolóxica especializada no desenvolvemento de proxectos innovadores e solucións técnicas orientadas a bibliotecas, arquiv