Presentación del libro "El casino de Vigo", de Rubén Martín Alonso

Junio, 17, 2013

El próximo 20 de julio, en Vigo.

Presentación del libro "El casino de Vigo", de Rubén Martín Alonso

Presentación del libro "El casino de Vigo"

A USC e Alvarellos Editora presentarán este xoves 20 na Casa del Libro de Vigo (r/ Velázquez Moreno, 27) o libro El Casino de Vigo. Crónica ilustrada de la histórica sociedad de recreo (1847-1936), do que é autor o historiador Rubén Martínez Alonso. Na presentación, a partir das 20.00 horas, intervirán ademais do autor o director do Servizo de Publicacións da USC, Juan Blanco, e o director de Alvarellos Editora, Henrique Alvarellos.

O libro propón unha viaxe no tempo ao Casino de Vigo, a máis antiga sociedade de lecer da cidade olívica, a través dun relato enriquecido por un centro de fotografías históricas. Dende a súa fundación, en 1847, converteríase na sociedade máis importante de Vigo, vertebradora de boa parte da vida social da súa época. Ata agora, a súa traxectoria non fora tratada de maneira específica.

 Rubén Martínez Alonso (Vigo, 1980) é licenciado en Historia da Arte pola USC. Co inicio da súa tese de doutoramento, Las sociedades recreativas en la Galicia urbana (1850-1936), simultaneará a investigación coa docencia na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela.