Presentado en Ciencias da Educación o libro "Educación, ambiente e xénero. Lucía Iglesias da Cunha, in memoriam"

Junio, 27, 2025

A obra recompila 23 traballos da autora editados entre 1996 e 2023 e comentados polos seus colegas.

Presentado en Ciencias da Educación o libro "Educación, ambiente e xénero. Lucía Iglesias da Cunha, in memoriam"
De esquerda a dereita, Xosé A. Caride, Rita Gradaílle, Mario Cal, Juan Blanco, Mar Sanjuán, Pablo Meira, Júlio Conde e Jesús García

Falecida prematuramente en 2023, a profesora Iglesias da Cunha deixou unha indeleble pegada non só na súa Facultade senón en xeral na Universidade compostelá onde desenvolveu toda a súa carreira académica e investigadora, desde os seus inicios, hai máis de 25 anos, ao integrarse no grupo de investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea) e no Departamento de Pedagoxía e Didáctica. 

(Salto a sitio externo para ver el artículo completo)