Profesores da USC editan tres vocabularios galego-italiano de arte

Junio, 14, 2017

Profesores da USC editan tres vocabularios galego-italiano de arte

Logo da publicación do Dicionario Italiano-Galego e os Vocabularios Galego-Italiano da Hostalaría e da Gastronomía, profesores da Área de Filoloxía Italiana da USC acaba de editar tres novos vocabularios, nesta ocasión sobre arte.

Os libros Vocabulario galego-italiano das Belas Artes. Escultura Vocabulario galego-italiano das Belas Artes. Pintura e Vocabulario galego-italiano das Belas Artes. Arquitecturapresentáronos este martes no Salón de Actos do Centro 'Ramón Piñeiro' para a Investigación en Humanidades (CRPIH) a directora do proxecto e catedrática de Filoloxía Italiana da USC, Isabel González; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o coordinador científico do CRPIH, Manuel González, e o director do Servizo de Publicacións da USC que edita as obras, Juan L. Blanco Valdés. 

A publicación destes tes volumes responde ao cada vez maior número de alumnos italianos que estudan arte na Universidade compostelá e de graduados que deciden especializarse nunha rama deste campo en Italia. Os vocabularios pretenden proporcionar así unha ferramenta útil non só aos profesionais do sector senón tamén a profesores, estudosos e estudantes da especialidade de Arte. 

Como explicou a profesora González, no noso departamento universitario "somos pioneiros" en traballos lexicográficos que tratan as linguas italiana e galega conxuntamente, "o que no futuro pode ser referencia e modelo para posteriores estudos abordando outras linguas de especialidade".