Rolda de prensa-presentación do libro Médicos e medicamentos: que nos receitan e por que

Febrero, 06, 2017

O vindeiro mércores 8 de febreiro ás 11:30h

Rolda de prensa-presentación do libro Médicos e medicamentos: que nos receitan e por que

Médicos e medicamentos: que nos receitan e por queO vindeiro mércores 8 de febreiro ás 11:30h no Salón Reitoral (Colexio de San Xerome) terá lugar a rolda de prensa-presentación do libro Médicos e medicamentos: que nos receitan e por que, volume 3 da Biblioteca de Divulgación. Serie Científica da USC, do que son autores os Profs. Drs. Francisco Caamaño Isorna e Adolfo Figueiras Guzmán. No acto intervirán o co-director da colección e coordinador da edición Prof. Dr. Francisco Díaz-Fierros Viqueira, o co-autor Prof. Dr. Francisco Caamaño Isorna e o director de Publicacións da USC, Juan L. Blanco Valdés.

Sinopse:

Dende mediados dos anos corenta a práctica médica cambiou radicalmente. En menos de cincuenta anos pasouse de dispoñer de apenas unha ducia de medicamentos eficaces ao uso de miles de moléculas con finalidade terapéutica. A explosión farmacolóxica, da que foi responsable en boa medida a industria farmacéutica, deu lugar a grandes avances no tratamento de enfermidades que antes eran mortais. Hoxe a prescrición constitúe a expresión terapéutica máis frecuente e de maior repercusión econ´omica. Nun contexto de fonda crise económica, o importante peso do gasto farmacéutico e a percepción de que parte deste non responde a necesidades reais son, probablemente, os factores que sitúan o consumo farmacéutico no punto de mira dos xestores sanitarios. Semella este, polo tanto, un bo momento para a ollada —rigorosa e divulgativa— de dous especialistas que nos explicarán que nos receitan os médicos e por que.