Un libro editado pola USC ensina as particularidades das enfermidades infecciosas a través da arte

Julio, 28, 2016

Un libro editado pola USC ensina as particularidades das enfermidades infecciosas a través da arte

Un libro editado pola USC ensina as particularidades das enfermidades infecciosas a través da arte

Os libros de historia encargáronse de lembrar que os Reis Católicos tomaron Granada a finais do século XV ou que Napoleón fracasou na campaña para invadir Rusia algo máis de tres séculos despois. Posteriormente, a microbioloxía e a parasitoloxía engadiron a estes apuntamentos históricos que o tifo estivo presente en ambos acontecementos, retrasando a toma do reino andaluz, no primeiro caso, ou contribuíndo a minguar o exército francés no segundo. 

Son dúas anécdotas que poñen en evidencia como o relato dos máis grandes fitos da historia do ser humano corre parello á evolución dalgúns dos máis pequenos integrantes da vida: os virus, bacterias, parasitos ou fungos capaces de desencadear unha enfermidade infecciosa e mudar o rumbo da historia.
 
En ambos casos tamén se pon de manifesto como dous contextos aparentemente independentes, o da historia e o da bioloxía conflúen contribuíndo a un mellor coñecemento da realidade. "Todo está relacionado", asegura a profesora do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía Ángeles Muñoz Crego quen, xunto aos tamén profesores do mesmo departamento Isabel Santos Rodríguez e Rafael Seoane Prado, asinan o libro Infect-arte: aprende las enfermedades infecciosas a través del Arte. Trátase dunha obra interactiva que busca xuntar con amenidade "dous mundos independentes" e divulgar a través de preto dun cento de obras de arte, dende a época dos exipcios ata a actualidade, as enfermidades infecciosas ao tempo que reivindicar que "convivimos con todo tipo de microbios, a maioría beneficiosos; a Microbioloxía está presente no noso día a día".

A edición dixital realizada polo Servizo de Publicacións da USC está elaborada con vocación transversal e achegando un documento no que prima a interactividade. Neste senso, engaden a modo de exemplo os autores, ao paso do rato por riba dunha imaxe despréganse unha serie de datos nos que se describe o contexto da obra ou, no seu caso, ampliar algún detalle concreto e comparalo cunha imaxe real. Non obstante, o continente ponse á disposición da razón de ser da iniciativa: divulgar as particularidades das enfermidades infecciosas a través da historia da arte. Os seus autores defíneno como unha obra de divulgación para o público en xeral e con valor transversal, xa que "con este libro o estudantado de Ciencias da Saúde poderá aproximarse a arte recoñecendo a enfermidade infecciosa plasmada polo artista", ao tempo que "o estudantado de arte poderá completar e mellorar os seus coñecementos sobre as obras mostradas".

Os docentes de Microbioloxía e Parasitoloxía aproveitaron o feito de que estas enfermidades, pola preocupación e incidencia social que espertaron en distintos momentos históricos, son fonte de inspiración e repertorio temático recurrente das obras artísticas de distintas épocas. Tomando en consideración que "a arte sempre conectou coa sociedade" e que cada obra foi un altofalante que retrata distintos aspectos de realidades sociais históricas, Ángeles Muñoz subliña como a preocupación por cuestións de saúde pública non foron alleas a esa tendencia. A peste e a lepra, dúas das patoloxías máis retratadas xunto coa tuberculose, convértense en protagonistas de múltiples cadros en boa medida porque "eran enfermidades estigmatizantes que non se sabían afrontar". A súa representación aparece asociada en múltiples casos a santos ou iconografía relixiosa xa que "a relixión xogaba un papel importante nos procesos de curación".

A presenza de enfermidades infecciosas en distintas épocas avaliadas deixa tamén un apuntamento en forma de advertencia porque a pesar dos constantes avances no ámbito sanitario "as patoloxías asociadas a virus ou bacterias, atópanse lonxe de ser algo superado". Os autores da obra non dubidan en advertir: "os antibióticos están deixando de funcionar". Ademais, enfermidades como cólera, tifo ou a difteria constitúen unha cuestión problemática cuxa manifestación está asociada na actualidade a situación catastróficas ou a determinadas tendencias. A modo de exemplo lembra como a difteria recentemente tense mostrado como mortal en ausencia das oportunas vacinas. Tamén a polio, non erradicada totalmente xa que en países como Pakistán ou Afganistán  impídese a vacinación.

Conclúen