Xeógrafos universitarios achegan as súas visións sobre a articulación territorial de España no volume Repensar el Estado

Febrero, 18, 2014

Josefina Gómez Mendoza, Rubén Lois e Oriol Ne-lo son os coordinadores desta publicación, editada pola Universidade de Santiago

Xeógrafos universitarios achegan as súas visións sobre a articulación territorial de España no volume Repensar el Estado

De esquerda a dereita, Rubén Lois, Josefina Gómez Mendoza e Oriol Ne-lo, editores do libro

O volume Repensar el Estado. Crisis económica, conflictos territoriales e identidades políticas en España, coordinado por Josefina Gómez Mendoza, Rubén Lois e Oriol Ne-lo, compila nas súas páxinas as visións sobre a articulación territorial de España de diferentes xeógrafos universitarios de Andalucía, Cataluña, Castela, Galicia, Illas Baleares, Madrid, País Vasco e Navarra.

Esta publicación editada pola USC vén de ser presentada nun acto no que participaron o catedrático da USC e presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares Paz; o vicerreitor de Estudantes e Cultura da USC, Francisco Durán Villa; o director do Servizo de Publicacións da USC, Juan Blanco Valdés; o profesor do Departamento de Ciencia Política e da Administración da USC, José Luis Barreiro Rivas, ademais dos coordinadores da obra. 

Repensar el Estado achega ao lector reflexións desde unha perspectiva xeográfica sobre a cuestión territorial do Estado español, un tema que máxima actualidade con episodios como o da crise catalana e a discusión sobre o ámbito territorial no que tería que facerse a demandada consulta, a debate sobre as balanzas fiscais ou, entre outros asuntos, a equidade na prestación de servizos. 

A temática abordada nesta publicación da Universidade de Santiago, que o vindeiro 26 de febreiro será presentada en Barcelona, na sede do Instituto de Estudos Cataláns, no marco dun acto organizado pola Sociedade Catalá de Xeografía, tamén foi obxecto de debate na cidade portuguesa de Porto, no marco do Colóquio Noroeste: Policentrismo urbano, coñecemento e innovación económica. Nesta sesión participou como relator co presidente da Cámara Municipal de Porto e editor deste libro, Oriol Ne-lo e de Rui Moreira.